top of page

XERF@

Formación e profesionalización da acción pública en Galicia
 

Investigación diagnóstica-avaliativa e prospectiva sobre a formación e profesionalización na acción cultural pública en Galicia, poñendo a énfase nas distintas circunstancias que concorren nos seus perfís formativos, profesionais e sociolaborais en distintos contextos e realidades, fundamentalmente no ámbito das Administracións Locais de Galicia.

 

Do resultado deste traballo derivará un informe no que se presentará:

  • Análise diagnóstica das realidades formativas e profesionais no eido da acción cultural pública, en clave de pasado-presente, tomando en consideración as informacións, datos e valoracións aportadas por persoas, colectivos e entidades directamente vinculadas a este ámbito.

  • Propostas, recomentacións e suxestións, que poidan orientar decisións futuras das distintas instancias concernidas e que –a priori– poderán incidir na mellora do rol profesional e sociolaboral dos profesionais da acción cultural, valorizando os seus sinais de identidade formativos e profesionais; así como das transicións que se produzan entre ambos, nos amplos e diversificados escenarios do quefacer sociocultural en Galicia.

Metodoloxía empregada

Técnica Delphi a 25 persoas vinculadas á xestión e formación neste ámbito

Historias de vida a persoas con longa traxectoria na xestión e animación sociocultural

Entrevistas en a persoas vinculadas ao ámbito (profesorado, xornalistas culturais, etc.)

Enquisa para a elaboración do perfil profesional e sociolaboral dos técnicos/as de cultura

Cuestionario a cargos políticos locais con responsabilidade en Cultura

Análise documental da oferta formativa para técnicos/as de cultura, dende unha perspectiva comparada.

Metodoloxías
Fases
Fases nas que se concreta
Primeira fase
(ata xaneiro do 2020)

Análise diagnóstica dos perfís académicos e formativos dos profesionais da acción cultural en Galicia, tanto no que respecta á formación inicial como permanente, continua ou “en servizo”

Análise diagnostica dos procesos de transición e inserción da formación á profesión, marco normativo e situación retributiva-laboral, funcións, tarefas, responsabilidades, etc.

Avaliación de necesidades formativas, tanto desde unha perspectiva académica como profesional, en clave de futuro.

Segunda fase
(de febreiro a xuño do 2020)

Elaboración de propostas, suxestións, recomendacións, liñas de actuación, etc. respecto dos perfís formativos, profesionais e sociolaborais desexables con visión de futuro.

Organización dun foro de refexión e debate, con profesionais do ámbito e coa participación de especialistas de recoñecido prestixio na formación e profesionalización na acción cultural.

Presentación do informe final

bottom of page