Xornadas: Políticas culturais municipais, 40 anos despois.Consello da Cultura GalegaSantiago de Compostela 22 de abril de 2022
Héctor Pose
Universidade da CoruñaLimiar
A teoría que levo escrito en máis de dúas décadas froito da investigación e da prácticaestá publicada. A ela me remito. Só vou ollar para atrás nesta palestra, en dúas ocasións. Unha para dar uns trazos grosos do que se estilou en políticas culturais locais en xeral ata de agora, nomeadamente nos concellos medianos e pequenos. As ciudades merecen unha reflexión específica. Outra para me despedircunha mención de honra. Reafírmome na crenza de que se debería desde o local explorar novos vieiros en nome da cultura diante das necesidades e dos desafíos tanto individuais como comunitarios. Eses novos camiñosveñen dados ao facer saltar polos aires os límitesorgánicos que a encorsetan, por arriscar e innovar probando mesturas novas, desde a humildade de recoñecer que os concellos precisan de envolvera outros axentespara mudar significativamente unha realidade. As políticas culturaisseguen sen estar consideradas como elementos centrais dos piares do noso Estado do Benestar. A cultura aparece nos preámbulos e apenas nada nos articulados das leis; a cultura pertence á discrecionalidade do responsable político dequenda e non aos dereitoscidadáns; a culturaé un complemento e non un continxente; a cultura, para a maioríados cargos eleitos, está na periferia e non na centralidade da acción local.
12 reflexións breves para o debate 1. Non ampara este labor dos concellos un marco normativo- legal, malia de 43 anos de democracia local,senón a vontade fluctuante de quen goberne. É, a miúdo, mesmo non tanto o partido, senón a persoa (polo seu peso específico nese goberno, sensibilidade, formación, mesmo o carácter…) quen determinao quefacer culturalmunicipal. Isto provocou demasiada indefinición, malas copias e bastante ineficacia. No nome da cultura lévanse feito moitas tropelías ao criterioprofesional. Diante da inexistente normatividade que esixa no quefacer cultural da Administración Local, un tiña a esperanza de que documentos propositivos como a Axenda 21 da Cultura, a Carta de CidadesEducadoras ou o Movemento de Cidades Amigasda Infancia, mesmo a Axenda 20-30 cos Obxectivos do Milenio foran tomados como follas de ruta das políticas activas da cultura, mais non son o común obrar. Esa feble consideración social da cultura, leva xerado tal casuística no quefacer municipal como a que resumo aquí (e avanzo a niña desculpa pois todo resumo é inxusto,xa que deixa matices non menores): a) Inexistencia de Plans de Acción Cultural de municipio como instrumentos de planificación estratéxica coparticipada decomo queremos vivirnese concello. b) Excesivo predominio da cultura do entreter. Sobran fastos vacuos e ocurrencias estériles que lapidan recursos e non cambian nada para mellor. A cultura desde a administración debe procurar a transformación social. c) Xestión cultural si, tamén e por suposto e mesmo especializada,mais labor sociocultural tamén. Ambas liñas non son excluíntes e deben procurarse ao unísono. Unha sen a outra, lástranse mutuamente. A cultura como dereito, si, mais tamén os dereitos das culturas. d) Equipamentos de proximidade, a miúdo, sen criterios supramunicipais e de sostibilidade. Hai unha morea deles espallados polo país que malviven faltos de insuflarlle recursos humanos, económicos e mesmo outro modelo de xestión evisión. e) Escasísima tradición de argallar proxectos entre municipios mesmo limítrofes (da mesmo cor política, polo que nese sentido, non hai desculpa) e axentes locais. Sabemos dalgún, maisson a excepción, non a regra. f) Oscilación no quefacer: quen entra a gobernar adoita expurgar o labor do anteriorou faise segundohaxa ou non subvención. A miúdo, obsérvase un barbeito cultural. Isto xera precariedade de profesionais e de programas. Isto malgasta recursos públicos e, o que é peor, dilapidaexpectativas cidadás. g) Non toda Galicia está “ocupada” por ese xeito de obrar. Existen“aldeas de Asterix” que fan cultura expandida, atenden aos múltiples patrimonios, establecen plataformas de participación vinculantes… mais son tan poucas que non son quen de marcar tendencia. h) Preocupante e teimudo distanciamento entre a ciencia e a política: o científico propón e o político ao seu. Xa que logo, menos fe partidista e máis ciencia. Neste sentido, bótounse en falta unha maior incidencia influinte e pedagóxica por parte da Xunta de Galicia ou das Deputacións (aínda que xeneralizar é inxusto tamén aquí). Ambas institucións teñen lexitimidade e recursospara aleccionar e non só subvencionar a fondo perdido.É a súa responsabilidade. 2. A razón de ser do quefacer sociocultural municipal é fomentar o sentido e a sensibilidade. Por sentido entendo favorecer o acceso a coñecementos e diversas aprendizaxes a través da intervención socioeducativa e a educacióncultural: isto é, superar o modelo culturalde entreter.
Por sensibilidade, entendo a concienciación, o espírito crítico, os valores positivos en toda a ciudadanía, non só na infancia. 3. En vez de argallar o quefacer cultural (mesmo desde o punto de vista da programación) en base ao calendario cíclico e manido de: Nadal, Entroido,Semana Santa e Verán, facelo a teor doutros binomiosmoito máis “promíscuos”: velaí ideas… Cultura e biocomunidade Cultura e soidade Cultura e beleza Cultura e saúde Cultura e culturas Cultura e furtivismos Cultura e dereitoshumanos Cultura e morte Cultura e innovación social Cultura e alimentarse Cultura e despoboamento (o 87% dos nosos concellos teñen menos de 6.000 habitantes). As vilas pequenas que vertebraban Galicia desánganse e teño a sensación de que estamosvendo vir o peor e seguimos como se tal cousa, tal cual a orquestra do Titanic. Morre xente, non hai alumeamentos como décadasatrás e os veciños novos son contados…xa que logo, que propóna cultura?). 4. Xa toca afondar na democracia cultural: por exemplo, parte dosequipamentos locais ofrecersecomo residencias para colectivos, como laboratorios experimentais e aniñadores de emprendeduría social e creativa. Mentres, ao fío, se dan un tempo para repensarse. Hai experiencias, claro que si, pero non son o xeral proceder. Falta madureza democrática por parte “dos propietarios”? 5. Tecer fíos; guindarse bozas, estachas mesmo cadeas entre equipamentos de proximidade (chámanse así e son tan lonxanos para demasiada xente!)e outros axentespúblicos e privados do municipio. Si, privados tamén. Cada quen cos seus lexítimos obxectivos, pero con luz e taquígrafo. Isto é crear comunidade. Hai que facer moita costurasocial: a convivencia non é doada,pero é moito máis daninaa relación tabicada que impera en moitas localidades entre o Concello e a Confraría de Pescadores; entre a Igrexa e a Asociación de Hostalería; entre o clube de fútbol e os propietarios de Montes; entre Asociación contra o Cancro e as ANPAs; entre a Comisión de Festas e a Autoridade Portuaria…entre a ducia de persoas dun partidoe os catro doutro…Fálanse apenas,moito entre dentes,e iso non é falar. Os problemas son transversais, as solucións tamén. Hai que desaprender. Empézase desaprendendo poñendoa mellor das vontades. Isto non é ser inxenuo, é poñer en valor otrasdinámicas políticas. A apertura, a confianza, o diálogo, o convivir pedagóxico, a colaboración horizontal… deben ser principios que rexan a relación entre os axentes.Iso é política cultural municipal tamén ou sobre todo. Diante das problemáticas e os recursos sempre insuficientes, cómprePALILLAR proxectos compartidos: revisar por Deus o modelo de festas (máis inclusivas); kioscos de praia, cafés- centrosde día xestionados por colectivos sociais; que a mellorinfraestrutura pública deportiva (o clube de fútbol) non sexa só para homes mozos no século XXI; acordar coa Igrexa o uso sociocultural de moitos das súas propiedades (Hai párrocos que xa o fan, hai concellosque tamén) 6. Efalando de tabiques,propoño derrubar os interdepartamentais nos organigramas municipais. Avogo pola acción cultural transversal: que sexa cotián o labor diante denecesidades cidadás do servizo de obras co de cultura: en verdade credes que o deseño do cemiterio municipal é tarefa exclusiva do arquitecto? A política de mobilidade pódese
deseñar sen a visión cultural?E a turística? Ou a medioambiental? O deseño e xestión do espazo público?Que concello ten un mapa de ruídos, de contaminación acústica, lumínica ou estética? 7. Cando a educación é responsabilidade de todas as áreas municipais estamos promovendo un cambio cultural cara a calidade de vida entre a veciñanzae o medio. Neste sentido, e como exemplos sinalar tres liñas de traballo: 7.a Xa é hora de desenterrar o concepto de participación socialcomo dereito pasivo (asistir, ser informado…) e desenvolvelo cara algo máis vinculante e proactivo, por exemplo, na xestión dos bens patrimoniais. E son máis concreto con outro exemplo: impulsar unha nova praxe gobernativa (transparencia real, datos abertos, rendición de contas, avaliación do quefacer e amosar os resultados, interactividade nas webs municipais…). Isto conséguese empoderando ás persoas que exercen cargos públicos, mellorando a súa formación e sensibilización desde as escolas de cadros dos partidos políticos, facéndolles ver as potencialidades de acudir a xornadascoma esta… 7.b Urxe renovar a narrativa construida desde o municipalismo sobre a muller. A administración local é moi dada a xestos e pouco a feitosen coherencia. Por exemplo: Rótuloá entrada da vila con “Concello libre de violencia machista” e tras catrodécadas de democracia localnunca unha mulleralcaldesa (e non digo que o vaian facer mellor que os homes, pero cando menos o farán tan mal ou tan ben coma eles, e senónvelaí Tomiño ou Viveiro ou Moaña). Outro caso: Balcónsda Casa do Concello coa bandeira multicolor do arco da vella e subvenciónanse actividades que discriminan e mesmo vexan á muller e o homosexual. Propoño: - Incluir a perspectiva de xénero en todas as propostas municipais.
- Fomentar a visibilidade do feminismo - Revisar as narrativas nos museos locais, no mapa de rúas (A Coruña: 150 homes, 7 mulleres) - Promover o uso equitativo nas infraestructuras públicas. 7.c É certo que no municipalismo producíuse un avance en servizos, pero fíxose moito mal por acción ou inanición, ao territorio, á ordenación, á arquitectura, á calidade estéticadas vilas. O derrubar por derrubar, o asfaltar por doquier, a incontinencia construtiva, o feísmo son unha catástrofe cultural, é indignoen moitos casos.Propoño: - Asumir a cohesión e a beleza do territoriocomo símbolo de igualdade e identidade colectiva. - Mercar terreos e construcións de valor para preservalos. - Ter en conta o criterio asesor de pensadores da cidadedesde o punto de vistamedioambiental e estético. 8. Apostar polas infraestruturas sociais que aniñan capital social. Fronte ao galgante individualismo e lecer tecnolóxico hai que alentalas. Isto esixe coidadosa planificación, investimento inicial e sostido. Cando non existen ou deixamos que se deterioren tamén se lesionanos alicerces da vida comunitaria. Areais, parques, hortos urbanos, prazas, circuitos para andar e exercitarse, canchas polideportivas, adros que son xardíns ou centros de día para a terceira idade. Non abonda que exista un local, hai que procurarlles calidade e sentido inclusivo!!! É de xustiza social. 9. Observo que moitas iniciativas denominadas culturais están deseñadaspara atraer ou cumprimentar ao visitante e non paraempoderar ao veciño/a.
Cómpre traballar menos desde a perspectiva urbana da lóxica dos eventos con nomes en inglés e traballar máis con proxectos comunitarios (onde o evento é un mero complemento no proceso, pero non o fin). O enfoque turístico da cultura talvez sexa reconstituínte para a autoestima e ego do político ou do técnico e para a economía duns poucos, (sobre todo o todopoderosos lobby hostaleiro)perovéxolle secuelas perversas: folclore cosificado, historiabanalizada, moita vulgaridade… Preocúpame a deriva nas propostas influenciadas polas modas efémeras, copiar o que se fai noutrolado sen territorializar no noso ou as tendencias tópic nas redessociais. A ofertaadoita estar coacionada pola moda, pola ansiedade do último e prefería outros criterios máis sostibles. 10.Pensar a acción cultural debido ao imparable acceso através do dixital.Hai cidadáns que “viven” xa case no metaverso a súa cotianeidade. Diante desta realidade, posúe recursos un concello mediano-pequeno para atender ditas demandas?Debe adentrarse aí? Si. Pode. En ámbitos como a participación social, a interactividade cidadá, as bibliotecas, a información local,nun repositorio das actuación artísticas locais (concertos, charlas, presentación de libros, podcasts, video-relatos dos vecinos/as…) 11.Un técnico cultural preguntoume hai uns días en que andaba agora… Conteille que, ademaisde formar a futuros educadore/as sociais, estou en cousas coma estas: 12a. Argallar o proxecto do Atlas Literario da Coruña: un mapa de mapas da lectura e da escritura da cidade. Un equipo de 10
persoas (enxeneiros de telecomunicacións, filólogas, sociólogo, pedagogos e educadores sociais), que traballemos na líña de aproveitar turística, cultural e educativamente o patrimonio literario da Coruña…e que sirva de metodoloxía para otras ciudades. 12b. Fomento da participación infantil e adolescente na vida pública. Un proxecto entre 4 universidades españolas que ímoslle procurarcontinuidade cun proxectoeuropeo. 12c. Ver o labor educativo e social que poden desenvolver os clubes de fútbol de elite. O 28 deste mes estarei en San Mamés co director da Fundación do Athletic de Bilbao vendo o que fan. Sorprendíuse o meu colega, mais esos temas son políticacultural, por suposto que se se ten a visión integral e de interdependencia entre políticas locais. 12.Como técnicodo sociocultural, senón exerces a curiosidade en cada instante, non terás información veraz. Terás o material do común (que é importante que o acades, por suposto, pero non abondapara anticipar problemáticas ou ter máis posibilidades de acertar co que idees). A raíz do proxecto xerfa comandado polo prf. José Antonio Caride,son máis consciente do que ata unha xefaturapolítica intervencionista en exceso; o que desactivaun xefe/a acomodado e que é case máis un comisario/a político; son consciente do que desanima e queima a rutina laboral cando se abusa do voluntarismo ou se quere abranguer demasiado; se fora crente, rezaríapara que medrasea curto prazo a consideración social en Galicia da cultura…mais malia todo eso, anímovos a non perder a inquietude, a sensibilidade, aasumir o risco, mesmo a certa irreverencia profesional…abriredes vieiros.
Considero imprescindible manter unha fluida e cooperante relación da formación e a investigación coa práctica. Ese é o xeito de mellorar ambas e, xa que logo, a realidade.
Deixémonos de prexuízos que distancian e mingua o potencial de ambas. A teoría aguanta da práctica, dalle razón de ser, sentido. A práctica experimenta, creando corpus científico.
Epílogo
Ollando para atrás, e agora fago a segunda referencia histórica, fíxose moito, estamos mellor que hai corenta anos, sen dúbida. E iso foi á base de facere errar, de perseverar, do exemplo de minorías políticas, do quefacer pioneiro de técnicos como Xan Bouzada, Xosé Manuel Rodríguez, Xosé Manuel Eirís, Benito Losada, Luis de Cambados, Alfonso de Narón, Manolo Rúa, Fernando Lavandeira, Xavier Camba, Gustavodo Barco, Ana Barba, Pili de Foz, Madó de Muros, Sonia de Arteixo, Mario de Cervo, Monti de Verín,Carmen de Carballo…).
Se o corpo vos pide dar un aplauso, vai para esa boa xente. Grazas!
Comments