Xerf@
A EQUIPA
Referencia ao Grupo
O grupo de investigación, baixo a dirección-coordinación do profesor Dr. José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Santiago de Compostela, conta con persoal investigador das tres universidades galegas, nos campus de Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra.
Esta colaboración interuniversitaria xa deu como resultado no ano 2006 -2007 un estudo avaliativo das carencias, das necesidades e das demandas formativas dos/as responsables técnicos/as no ámbito da xestión e da acción cultural na Comunidade Autónoma.
Con este novo proxecto queremos dar continuidade ao traballo previo, fortalecernos como grupo, e impulsar novas liñas de reflexión.
A nosa equipa
Catedrático de Pedagoxía Social no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No período 2016-2018 foi o Comisionado desta Universidade para o “Campus da Cidadanía”, nas áreas de Ciencias Sociais e Xurídicas, Artes e Humanidades. Dirixe, como Investigador Principal, o Grupo de Investigación en “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPA-interea) e a Rede de Grupos de Investigación en Educación e Formación para a Ciudadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), ambos de referencia competitiva no Sistema Universitario Galego. As sús liñas de investigación son: “Pedagoxía Social, desenvolvemento comunitario e iniciativa cívica”, “Tempos educativos e sociais”, “Educación Social, cidadanía e dereitos humanos”, “Educación Ambiental e cultura da sustentabilidade”; “Educación Social e Políticas Culturais”; “Formación e profesionalización en educación”. Entre 2002 e 2013 presidiu a Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social (SIPS), da que é membro fundador. Autor de máis de 400 publicacións en libros e revistas, é director asociado de Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Desde agosto de 2018 é o Coordinador da Área científico-técnica de Ciencias da Educación na Agencia Estatal de Investigación.
Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña. Ten participado como investigador en diversos estudos sociopedagóxicos, relator en numerosos Congresos, Cursos e Xornadas sobre Animación Sociocultural e Xestión Cultural, así como leva publicado artígos e libros sobre asociacionismo, animación sociocultural, animación teatral, etc. En 2007 desenvolvíu unha investigación semellante denominada As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia. Exerceu como Técnico de Educación e Cultura no Concello de Malpica (1991-2000).
Educadora social, pedagoga e doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa tese no campo da educación ambiental e, dende os seus inicios, vinculou tamén a súa labor de investigación á temática do cambio climático, a cultura da sostibilidade e a educación para o desenvolvemento. Como educadora social na asociación Aliad Ultreia impulsou, xunto co Grupo de investigación SEPA, un proxecto de investigación-acción-participativa no centro penal de Monterroso, que derivou nun plan de animación sociocultural que xa vai polo seu sétimo ano de andaina. Foi premiado polo seu carácter innovador, e del se derivou a publicación do libro "Animación Sociocultural en prisión". Actualmente é profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, vinculada como docente nas materias de educación ambiental, tempo libre e pedagoxía social e, como investigadora, a proxectos de investigación sobre cultura e sobre participación infantil.
Francisco Xosé Candia Durán
Universidade de Santiago de Compostela
Web persoal: ORCID
Profesora Titular de Pedagoxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte desde a súa creación, no ano 2000, do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea, GI-1447 da Universidade de Santiago de Compostela), recoñecido pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego. A docencia que asume nos Graos en Educación Social e no Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, así como as liñas de investigación ás que se vincula, céntranse, fundamentalmente, nas seguintes temáticas: Educación Social; políticas socioeducativas e desenvolvemento comunitario local; cidades educadoras; tempos educativos, tempos sociais e pedagoxía do lecer. Cómpre destacar a súa participación activa e continuada no proxecto interea (2001-2009) conveniado entre a Deputación Provincial da Coruña e as Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña para mellorar as políticas locais -especialmente culturais e educativas- desde a articulación da investigación, a formación e a transferencia.
Licenciado en Pedagoxía na USC. Comezou a súa traxectoria docente na Universidade Portucalense Infante D. Henrique (Porto), e desde 1999 é profesor na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Desde este centro vén contribuíndo á formación de profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, impartindo docencia en diferentes diplomaturas, graos, másters e cursos de especialización. Tamén nesa Facultade exerceu varios cargos e organizou diferentes seminarios, congresos e actividades formativas relacionadas coa educación, tanto de postgrao como de extensión universitaria. Participa en diferentes revistas, sociedades académicas e organizacións non gobernamentais, relacionadas coa educación. A nivel investigador, e á marxe de diversas contribucións persoais publicadas en libros e revistas, dentro do grupo de investigación SEPA-interea, leva colaborado en numerosas investigacións e proxectos nas diferentes áreas de especialización do equipo, desde que este se constituíu. Tamén participou durante varios anos da pasada década en actividades formativas, investigadoras, de comunicación e de difusión do proxecto Interea, financiado pola Deputación Provincial da Coruña.
Profesora Axudante Doutora na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo, España). Acreditada a Profesora Titular de Universidade, é autora de numerosas publicacións científicas de carácter nacional e internacional. A súa actividade docente e investigadora céntrase na construción da identidade de xénero no marco da heteronormatividade, a violencia cara a diversidade sexual e cultural, o bullying/ciberbullying como práctica de otredade e a pedagoxía intercultural, crítica e queer para previr a violencia e favorecer a convivencia nos espazos socioeducativos. Entre as súas últimas publicacións destacan “Attitudes toward Cultural Diversity in Spanish and Portuguese Adolescents of Secondary Education: The Influence of Heteronormativity and Moral Disengagement in School Bullying” ( Journal of Psychodidactics, 2018) e “ Gender- Bashing in Adolescents: Structural Relations with Heterosexual Matrix, Racism/ Xenophobia and Attitudes Toward Bullying” ( Journal of School Health, 2019).
Profesor Titular Teoría e Historia da Educación. Universidade de Vigo. Coordinador programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento. Premio Lois Peña Novo en 2016, polo compromiso coa lingua e cultura de Galicia. Coordinador da Sección de pedagoxía da Fundación Risco. Socio de Honra do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, pola defensa da profesión, e colaborador do CEESG en multitude de eventos, nomeadamente nos Congresos de Educación Social e Escola, a Fenda Dixital. Membro de Nova Escola Galega, con especial implicación nos grupos de Escola rural, ou no de Educación para a Paz, así como en canta actividades se organizou de memoria histórica do maxisterio republicano. Neste terreo, sinalar tamén a colaboración na Revista Sarmiento de Historia da Educación das Universidades Galegas, cun número recente sobre a represión franquista no maxisterio. Asiduo colaborador da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas!, contribuindo á posta en valor da cultura galego-portuguesa no ámbito educativo, entre outros. Paralelamente, a finais da primeira década deste século formou parte do Proxecto Ronsel, que elaborou o Plan para a Salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial. Ten colaborado con este grupo interuniversitario en diversas ocasións, con motivo da elaboración do Mapa Cultural de Galicia, ou o Informe sobre as "Necesidades e Demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia".
Xesús Ferreiro Núñez
Universidade de Santiago de Compostela
Web persoal: ORCID
Profesor asociado do Dpto. de Pedagoxía e didáctica, na Área de Teoría e historia da educación, Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Intervención Sociocomunitaria no Centro Integrado de Formación profesional Politécnico de Lugo. As liñas de traballo profesional e investigador nas que participa están relacionadas, por unha banda coa educación infantil e a súa didáctica, a animación sociocultural, o ocio e tempos de lecer na infancia. Pola outra, traballa e investiga sobre a Formación profesional e o referido ao exercicio da súa docencia, así como sobre o estudo de perfís profesionais relacionados coa animación sociocultural e a educación infantil. O seu traballo de doutoramento versou sobre a Animación Sociocultural na infancia en Galicia. Sobre estes e outros contidos ten presentado contribucións a congresos e xornadas e tamén dirixiu varios cursos de verán da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración co concello e centros educativos da localidade de Ribadeo. Ademais de exercer actualmente como profesor de Intervención sociocomunitaria no CIFP Politécnico de Lugo e Asociado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), participou en diversas iniciativas de formación continua sobre as citadas temáticas en diferentes institucións privadas e públicas, da administración local e autonómica, e tamén na USC e na UDC.
Lucía Iglesias da Cunha
Universidade de Santiago de Compostela
Web persoal: Researchgate Academia.edu
Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación -con Premio Extraordinario de Doutorado e Licenciatura- pola Universidad de Santiago de Compostela (USC). Completou a súa formación académica coa realización dun Máster en Xénero e Educación Social; e foi recoñecida –pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia– coa Mención de Traxectoria Investigadora destacada (2010). Exerce como profesora e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da USC; e forma parte do equipo de investigación SEPA_interea da USC, de excelencia universitaria na Comunidad Autónoma de Galicia (España). É Secretaria da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social (SIPS) desde o ano 2005. As súas principais liñas de investigación son: Pedagogía-Educación social, Educación y Desenvolvemento Comunitario, Tiempos sociais e de ocio, Xénero e equidade, Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos, e Políticas culturais na administración local.
Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e profesora titular da mesma na área de Teoría e Historia da Educación desde decembro de 2001. Forma parte do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea, GI-1447 da Universidade de Santiago de Compostela). Na súa traxectoria investigadora destaca o seu modo de concibir a investigación con procedementos mixtos na recollida de información cuantitativa e cualitativa (cuestionarios, entrevistas, grupos de discusión, técnica Delphi). Desenvolve investigación en Educación Ambiental e Cambio Climático coa financiación de proxectos de I-+D+i e contratos da Fundación Mapfre . O máis recente é o financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (convocatoria de 2018) para investigar as representacións sociais do Cambio Climático no ensino secundario en España e outros países que colaboran no proxecto (Portugal, Italia, Brasil y México). Cómpre destacar tamén a súa participación nas últimas edicións do proxecto Interea (2007-2009) en convenio coa Deputación Provincial da Coruña e as Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña para mellorar as políticas culturais e educativas locais desde a articulación da investigación, a formación e a transferencia.
Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Profesor Titular de Educación Ambiental (EA) na mesma universidade. O seu labor docente e investigador céntrase na Educación Ambiental, participando como investigador e activista en múltiples iniciativas sociais e institucionais ligadas ao desenvolvemento de políticas públicas neste campo, tanto na súa perspectiva académica e científica, como na súa expresión como movemento de transformación socio-ambiental. Nesta liña destaca a súa participación na xestación do Libro Blanco de la Educación Ambiental en España (1999) e da Estratexia Galega de Educación Ambiental (2000), así como a dirección do Proxecto Fénix (2007-2009), avaliación participativa da EA en Galicia, galardoado co Premio María Barbeito de Investigación Pedagóxica (2009). Tamén foi Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental nos trienios 2001-2003 e 2009-2011 e coordinador na USC do Programa de Doutorado Interuniversitario en Educación Ambiental (2000-2010). Na última década o seu labor científico céntrase no estudo das dimensións socioeducativas do cambio climático. Na actualidade dirixe o Proxecto Resclima, unha investigación que implica a universidades brasileiras, españolas, mexicanas e portuguesas no estudo das relacións entre a cultura común e a cultura científica con respecto ao cambio climático.
Manuel Pérez Rúa comezou a andaina laboral en 1972 como delineante no sector naval. Licenciado en socioloxía pola UNED, é doutor en historia contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como coordinador cultural no Concello de Moaña (1987), foi asesor do Concello de Vigo (2000-2003) e profesor invitado na Universidade de Vigo (1999-2009; 2018-2019).
As súas áreas principais de traballo e investigación son o Urbanismo, sendo autor do Estudo para a percepción do urbanismo no concello de Vigo (2000), da parte sociolóxica do Plan Sectorial de solo para vivenda pública de Galicia (2008), e tese de doutoramento sobre urbanismo en Moaña (2018); a Cultura e educación, con varias investigacións para o Consello da Cultura Galega, membro do Proxecto Interea da Deputación da Coruña (2004 e ss.); e o Cambio social, cos traballos Domingos de calcetíns brancos, premio Ramón Piñeiro de ensaio (2009), La generación femenina de 1950 y el cambio social (2013).
Educadora social e Doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Completou a súa formación cursando dous másteres universitarios, un centrado na intervención e emancipación de mozos e mozas en conflito social e outro na investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Ten participado e participa en diferentes proxectos de I+D+i financiados en convocatorias públicas. Conta con publicacións en artigos de revista e capítulos de libro. Nos últimos anos realizou unha estancia de investigación na Escola Superior de Educãçao do Instituto Politécnico do Porto e outra no Instituto de Estudios de Ocio da Universidad de Deusto. Actualmente é profesora interina de substitución no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. As súas principais liñas de investigación e publicación son: infancia e mocidade en situación de risco e/ou dificultade social; pedagoxía do ocio; tempos educativos e sociais.
Educadora social e Pedagoga. Doutora en Ciencias da Educación, con premio extraordinario, pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesora axudante doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica e membro do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da devandita Universidade. Nos últimos anos, ten publicado en revistas científicas con índice de calidade recoñecido (ESE. Estudios de Educación, Bordón, Prisma Social, Obets, etc.), sendo as súas principais liñas de investigación: educación social e políticas de benestar, políticas e acción socioeducativa na administración local, tempos educativos e sociais e pedagoxía do ocio. Ao longo da súa traxectoria académica e científica, formou parte do equipo investigador de diversos proxectos I+D+i do Plan nacional e de convocatoria autonómica (Xunta de Galicia). Concretamente, no ámbito da acción cultural, ten participado en diversos proxectos desenvolvidos no marco de convenios interuniversitarios, entre eles: interea (iniciativas no territorio e recursos para a acción local), orientado á mellora das políticas educativas e culturais promovidas polas Administracións locais na provincia da Coruña; o Plan reitor municipal de Narón 2011-2020 e na Diagnose e proposta de liñas estratéxicas e operativas para a promoción da participación e do asociacionismo de base no concello de Rianxo (2016).
Doutor en Filosofía e Ciencias da educación, é director e profesor na ESAD de Galicia, e asociado na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, Universidade de Vigo. Investiga fundamentalmente no campo da educación teatral.
A partir de 1980, comezou a desenvolver un grande labor como animador teatral, actor, director e estudoso da dramática galega. Fóra do ámbito universitario, entre os seus logros, figura o Taller de Teatro da Escola Popular de Corcubión, a Aula de Teatro da Escola de Profesorado da EXB de Pontevedra (1986-1989), ser o director e máis un dos fundadores dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, dirixir dous espectáculos (en 1985 e 1986) coa compañía Teatro de Ningures, formar parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixir as publicacións Ensaio e o Anuario Galego de Estudos Teatrais, dirixir o I.E.S. Politécnico de Vigo ou participar na edición da Biblioteca de Teatro posta en marcha pola Editorial Galaxia en 2004.
Desde 1996 formou parte da Asociación de Directores de Escena de España e foi director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Institucións implicadas